Publicidad:
La Coctelera
0

Manual básico de uso do libro


ecoestadistica.com

1

O plurilingüismo da humanidade

Interesante presentación de Lingua Galega de 4º da ESO (CPI Don Aurelio):

0

Presentacións sobre política lingüística

Presentacións de Anxo Lorenzo da UVigo
Sobre dinamización lingüística:

Sobre os plans lingüísticos:

1

O galego na blogaliza

Interesante análise da blogosfera galega: BLOGALIZA

0

Da vella pedra á web 2.0 dun chouto en menos de 30 minutos

Dous vídeos para ver:
Web 2.0

E a visión dun estudante 2.0

0

O grande enigma de Galicia: os petroglifos laberínticos

Cada vez que repaso estas fotos máis se me encolle a capacidade para deducir o que trataron de representar os nosos ancestros:

Máis sobre petroglifos ou aquí.

0

Vídeo sobre a mocidade e a lingua galega: Linguas cruzadas

Documental moi interesante e recomendable sobre as consideracións que a lingua galega lle merece á mocidade.
Foi emitido na Televisión de Galicia o pasado 17 maio de 2007. O uso do galego en distintos ámbitos é outro dos temas tratados. A obra dirixírona e guionizárona María Yáñez e Mónica Ares, mentres que Xacobe Sinerio foi o realizador e Control Z é a produtora.

3

Actividade sobre toponimia galega na rede

Imos desenvolver unha actividade de lectura sobre a toponimia de Galicia co fin de complementar os contidos do Bloque IV de contidos da materia.
Primeiro imos ás definicións de termos:
Toponimia, na wikipedia en galego
A toponimia ou onomástica xeográfica é unha disciplina da onomástica que consiste no estudo e orixe dos nomes propios dun lugar. A palabra toponimia provén etimoloxicamente do grego τόπος topos 'lugar' e oνομα ōnoma 'nome'.
A toponimia, ademais de estudar a orixe dos nomes, analiza a simboloxía dos nomes dun lugar.
Unha das motivacións da toponimia é a crenza popular dos pobos de que existe unha conexión mística entre o nome de cada lugar co que significa. Esta opinión non deixa de ter xustificación científica posto que moitos topónimos teñen a súa orixe nalgún trazo físico do lugar designado que chamou a atención dos falantes.
topónimo s.m. Ling. Nome propio dun lugar. A Coruña e Pontevedra son topónimos galegos.
Esta palabra procede do grego topos 'lugar',e nomos 'nome' e ocúpanse de designar un lugar. Os topónimos, nomes de lugar, en ocasións teñen a súa orixe en apelidos ou nomes propios de persoas, pero habitualmente a súa orixe está nalgún aspecto físico do lugar que designan.

Actividade 1. Le este artigo Proxecto Toponimia de Galicia e realiza un resumo sobre el de 500 a 800 palabras.