Imos desenvolver unha actividade de lectura sobre a toponimia de Galicia co fin de complementar os contidos do Bloque IV de contidos da materia.
Primeiro imos ás definicións de termos:
Toponimia, na wikipedia en galego
A toponimia ou onomástica xeográfica é unha disciplina da onomástica que consiste no estudo e orixe dos nomes propios dun lugar. A palabra toponimia provén etimoloxicamente do grego τόπος topos 'lugar' e oνομα ōnoma 'nome'.
A toponimia, ademais de estudar a orixe dos nomes, analiza a simboloxía dos nomes dun lugar.
Unha das motivacións da toponimia é a crenza popular dos pobos de que existe unha conexión mística entre o nome de cada lugar co que significa. Esta opinión non deixa de ter xustificación científica posto que moitos topónimos teñen a súa orixe nalgún trazo físico do lugar designado que chamou a atención dos falantes.
topónimo s.m. Ling. Nome propio dun lugar. A Coruña e Pontevedra son topónimos galegos.
Esta palabra procede do grego topos 'lugar',e nomos 'nome' e ocúpanse de designar un lugar. Os topónimos, nomes de lugar, en ocasións teñen a súa orixe en apelidos ou nomes propios de persoas, pero habitualmente a súa orixe está nalgún aspecto físico do lugar que designan.

Actividade 1. Le este artigo Proxecto Toponimia de Galicia e realiza un resumo sobre el de 500 a 800 palabras.